Sunday 28 de April de 2024

O Campionato Galego de Campo a Través disputarase na Pobra no 4 de marzo


Co mes de marzo chega á Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Campo a Través nas categorías alevín/a, infantil e cadete, tanto masculino coma feminino.

 

A cita disputarase no día 4, a partir das 11.30 horas, no circuíto de Cabío. Estímase unha participación de aproximadamente 400 atletas que deberán completa-la distancia correspondente (2000, 2500 ou 3000 metros). Resulta clasificatoria para o Campionato de España de Campo a Través escolar.

 

Así o deron a coñece-la concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Roberto García; o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure; e Manuel Fontenlos, en representación da Agrupación Deportiva Escolar As Rías. O evento tamén conta coa implicación da Federación Galega de Atletismo.

 

Estableceranse dúas clasificacións: individual e por equipos. Deste xeito, entregaránselles medallas ós/ás tres primeiros/as atletas clasificados/as de modo individual, así como trofeos e medallas ós tres primeiros equipos de cada categoría.

 

O prazo de inscricións permanecerá aberto ata as 20.00 horas do día 28 de febreiro a través da páxina web https://www.sdp.rfea.es/ ou do enderezo electrónico competicion@atletismo.gal.